Obradoiros Pintar coa Luz. Colaxes Animadas

Sábados 7 e 21 de febreiro de 2026, ás 12 h, no Edificio Castelao

Obradoiros dirixidos a público maior de 8 anos, que serán impartidos por Montse Piñeiro. As e os participantes extraerán das fotografías antigas personaxes e espazos que modificarán a través do recorte e do debuxo.

Cando teñan preparadas as súas composicións, realizarán pequenas animacións en stop motion coa axuda dun teléfono móbil ou dunha tableta.

Ambos os obradoiros son independentes e duran dúas horas.

Cada un conta con doce prazas dispoñibles.

Inscrición a partir do mércores 21 de xaneiro a través dun formulario dispoñible nesta páxina.