IX Xornada de Onomástica Galega. Os Outros Nomes

Sábado 19 de outubro, de 10:00 a 14:30 h e de 16:30 a 18:30 h, no Edificio Castelao

IX  Xornada de Onomástica Galega. Os Outros Nomes

A Real Academia Galega desenvolve as Xornadas de Onomástica Galega desde o ano 2016 coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Museo de Pontevedra. A edición deste ano céntrase noutras ramas distintas ás principais desta ciencia: a toponomástica (estudo dos nomes de lugar) e a antroponomástica (estudo dos nomes de persoa).

As persoas que desexen inscribirse deben enviar un correo electrónico antes do 16 de outubro a publicacions@academia.gal, indicando o seu nome e apelidos, DNI e número de teléfono. Ao final da xornada entregarase un diploma de asistencia. As intervencións poderán ademais seguirse en directo en https://academia.gal.

Máis información e programa