III Xornadas sobre Museos e Educación Patrimonial: coñecementos compartidos
14 e 15 de decembro de 2023 no Edificio Castelao. Máis información e inscricións en https://epatrimonial-museopontevedra.depo.gal
Gratuíta. Ata o 4 de decembro
As ‘III Xornadas sobre Museos e Educación Patrimonial. Coñecementos compartidos’ pretenden ofrecer un espazo de diálogo e reflexión sobre un dos temas máis importantes e de maior transcendencia no eido social. Están organizadas polo Museo de Pontevedra e a Universidade de Santiago de Compostela. O programa inclúe conferencias, mesas de debate, obradoiros, espazos de diálogo e unha sesión de presentación de investigacións e experiencias prácticas. Participarán representantes do Zentrum Paul Klee de Berna e o Institute Art Gender Nature FHNW Academy of Arts and Design de Basilea, ambos en Suíza, das universidades de Santiago de Compostela, Lleida, Barcelona e Zaragoza, da Bienal de Cerveira (Portugal) e de museos e centros educativos de Galicia.
A inscrición, gratuíta grazas ao patrocinio da Deputación, está aberta ata o 4 de decembro. Tamén está aberta a participación a través do envío de pósters vinculados coas liñas temáticas das xornadas. O programa completo e os formularios de inscrición atópanse na web https://epatrimonial-museopontevedra.depo.gal.