1.º Foro Grial-Galicia 2050: Pensar para Adiante. Culturas, Artes e Identidades

Xoves 7 de novembro, de 16:30 a 19:30 h, no Edificio Castelao

foro grial-galicia 2050

A cultura e a arte foron sempre, en todos os contextos, ferramentas de interpretación e de intervención, de construción da identidade e conservación da memoria; mais tamén, asemade, de exploración prospectiva do futuro. E isto é probablemente máis radicalmente certo en contextos, coma o noso, nos que a marca da subalternidade fai da cultura un modo de resistencia, de loita por afirmarse e existir.  Fronte ao eterno presente que caracteriza o noso tempo, a imaxinación formúlase como unha ferramenta para a construción de alternativas e novos imaxinarios para un mundo mellor.

O inmobilismo ancóranos ao tempo presente de crises climáticas e civilizatorias, de guerras, refuxiados, pandemias, acumulación e finitude de recursos. Imaxinar o futuro configúrase así como unha resistencia afirmativa que nos obriga a repensar o mundo no que vivimos para poder imaxinar outros escenarios. Non se trata só de pensar unha Galicia ou un mundo contrafactual, senón de abrir o que, en palabras de Ramón Piñeiro, poderiamos designar "olladas no futuro". Porque o futuro está aínda por facer.

Organizan: Editorial Galaxia e Museo de Pontevedra

Coordinan: Agar Ledo Arias e María López Sández

 

PROGRAMA

16:30 h - Presentación

Ángeles Tilve Jar, directora do Museo de Pontevedra

Xosé Manuel Soutullo, director de Editorial Galaxia

Xosé Henrique Monteagudo Romero, director de Grial. Revista Galega de Cultura

17:00 h - Relatorio 1 [Culturas]. “A vocación dos estupefacientes. Sete teses sobre a relación entre imaxinación, cultura, memoria e esperanza na Galiza actual”

Germán Labrador Méndez

17:30 h - Relatorio 2. [Artes]. “Futuro sen pasado? Futuros perentorios e pasados inacabados”

Manuel Olveira

18:00 h - Pausa

18:30h - Relatorio 3 [Identidades]. “Existe a comunidade?”

Conversa entre Carme Adán e Lourdes Méndez

19:00 h – Intervencións do público e debate final

Modera: Agar Ledo Arias

documentos