Conferencia “O pintor Antonio Ortiz Echagüe e a escola sarda”, Montserrat Fornells Angelats

Mércores 23 de outubro, ás 19:30 h, no Edificio Castelao

Conferencia “De que falan os petróglifos?”, por Manuel Santos Estévez

Montserrat Fornells Angelats, investigadora sobre pintura española do século XIX, pronuncia a conferencia “O pintor Antonio Ortiz Echagüe (1883-1942) e a escola sarda. Un exemplo no Museo de Pontevedra”.

Antonio Ortiz Echagüe foi un pintor cosmopolita e viaxeiro que se formou en París e Roma e percorreu varios países e tres continentes buscando captar nos seus cadros personaxes e vestimentas de lugares recónditos, especialmente mulleres que conservaban as súas tradicións fronte ao uniformismo do mundo moderno. Así pintou nos pobos de Sardeña, nos portos de Holanda, nos zocos de Marrocos ou nas chairas da Pampa Arxentina, obtendo cos seus cadros os maiores galardóns internacionais do momento. O seu estilo realista e costumista e a súa sólida formación académica combínanse cunha pincelada solta e un exultante sentido da cor próximos ao postimpresionismo e ao fauvismo. A súa presenza en Sardeña fixo nacer na illa unha escola costumista sarda, que seguiu os seus pasos: a “Scuola dei Atzara”. A “Cabeza de nena sarda” do Museo de Pontevedra é unha das obras máis logradas do artista, e un exemplo do seu gran talento como retratista.

Montserrat Fornells Angelats é licenciada en Historia da Arte pola Universidade Complutense de Madrid e doutora en Historia da Arte pola Universidade do País Vasco. Museóloga e crítica de arte pola Universidade de Florencia (Italia), é tamén catedrática emérita do Instituto Usandizaga de San Sebastián.