Conferencia de Noemí Moreira: “A lección continúa”

Xoves 26 de novembro, ás 19:00 h, no Edificio Castelao

Conferencia de Noemí Moreira

A Fundación Alexandre Bóveda continúa a súa serie de conferencias no Museo de Pontevedra relacionadas co paso por esta institución do cadro A derradeira leición do mestre.

Noemí Moreira, directora do CEIP Alexandre Bóveda, reflexiona sobre que significa manter viva a memoria de Alexandre Bóveda nunha escola que leva o seu nome. A partir dunha experiencia educativa na que conflúen a historia, a arte e os afectos, esta conferencia invita a pensar sobre a responsabilidade de educar na memoria: coñecer o pasado con rigor, desenvolver o pensamento crítico e descubrir por que a vida e os compromisos desta personalidade continúan tendo sentido na escola e na sociedade de hoxe.