Concerto de Vertixe Sonora: 140:Migratio#1

Sábado 7 de novembro, ás 18:00 h, no Edificio Castelao

Concerto de Vertixe Sonora

Vertixe Sonora presenta en concerto o proxecto “140:Migratio”, unha homenaxe a Castelao como símbolo da emigración e do exilio galego na Arxentina. Trátase dunha iniciativa desenvolvida conxuntamente por Icarus vs Muzak (Emilia Romagna, Italia), Vertixe Sonora (Galicia, España) e Mittel und Zweckel (Berlín, Alemaña) que promove o recoñecemento internacional da súa figura a través da música.

Compositoras e compositores de orixe galega de catro países —moitos deles, fillas e fillos, netos e bisnetos da migración— únense para celebrar a figura de Castelao a través da música contemporánea, un éxito da integración que para tantas persoas foi unha oportunidade de vida. Italia escapaba da pobreza rural, da inestabilidade política e das guerras de unificación; Galicia, do atraso crónico, da pobreza, da falta de oportunidades e, máis tarde, da persecución do franquismo.

O concerto no Museo de Pontevedra será o primeiro deste proxecto, a cargo de Vertixe Sonora. Nas próximas semanas de novembro, o proxecto chegará o xoves 19 á Facultade de Belas Artes de Pontevedra, con Lucía Martínez; o domingo 22 de novembro, ao Auditorio Martín Códax de Vigo, con Migratio Collective; e o 25 e 27 de novembro, a Berlín e Reggio Emilia, de novo con Migratio Collective. En 2027 presentarase na Arxentina.

Este proxecto foi galardoado co Premio EFFEA Springboard da Fundación Europea de Festivais para Artistas Emerxentes e o patrocinio dos Fonds Podiumkunsten dos Países Baixos.

 

PROGRAMA

Carlos Mastropiero (Bos Aires, Arxentina, 1958): Nova obra

para trío de saxofón, piano e percusión

 

Beltrán González (Bos Aires, Arxentina, 1991): Nova obra

para trío de saxofón, piano e percusión

 

José Manuel Serrano (Choele Choel, Río Negro, Arxentina, 1982): Nova obra

para trío de saxofón, piano e percusión

 

Cecilia Pereyra (Bos Aires, Arxentina, 1977): En lo no visible

para trío de saxofón, piano e percusión

 

Luis Menacho (La Plata, Arxentina, 1973): Una hierba en la piedra

para cuarteto de voz, saxofón, piano e percusión

 

*Todas as composicións do programa son estreas mundiais.

 

VERTIXE SONORA

  • Guillermina Gallardo, voz
  • Pablo Coello, saxofón
  • Haruna Takebe, piano
  • David Durán, piano
  • Diego Ventoso, percusión