Concerto de Crúas no ciclo ‘O son do piano’

Martes 5 de marzo, ás 19:00 h no Edificio Castelao

Crúas

O dúo Crúas abre o ciclo ‘O son do piano’, no que no mes de marzo tres formacións acústicas ofrecen as súas propostas musicais arredor do noso piano.

Crúas é un dúo de piano e voz que adapta a palabra de poetas galegas. Así describen a súa proposta: “Do traballo meticuloso de composición e arranxo agroma unha música das entrañas, dos adentros, íntima e delicada, que non se deixa clasificar en xéneros, que arrola oíntes atentos, que cura feridas abertas, que aperta almas crúas”.

O dúo fórmano Alba Ermida Area e Iria San Marcial. Alba Ermida é cantante e clarinetista. Integrou o dúo Bardo Enxebre e fixo música en vivo para varias compañías de teatro. Do seu paso por Bos Aires recolleu outras formas de música que agora plasma nas súas novas composicións. Iria San Marcial rematou a súa formación clásica cun máster en interpretación de piano. Agora estuda jazz no SPJ e investiga sonoridades electrónicas noutros proxectos persoais, acompañada de voz e saxofón.