Olladas musicais: audicións comentadas
Os mércores 8, 15, 22 e 29 de maio, de 19:00 a 20:30 h
Este curso ten como obxectivo principal promover o aprecio e a comprensión da música clásica entre a cidadanía. A través de charlas interactivas e audicións comentadas, achegaráselle este xénero musical a un público adulto, ao proporcionar un espazo de encontro cultural no que quen participe poida explorar, aprender e gozar de obras clásicas emblemáticas.
O acceso é libre. Ademais, entregaráselles un certificado de asistencia ás persoas que se inscriban previamente en reservas.museo@depo.gal e asistan como mínimo ao 70 % das sesións.
O curso será impartido por Sara Domínguez Lloria, licenciada en Música con especialidade en Piano, doutora en Educación pola Universidade de Vigo e cun mestrado en Teatro e Artes Escénicas e outro en Dirección e Xestión de Centros Educativos. Foi directora da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela e profesora da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. Desde 2021 é profesora na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo, no departamento de Didáctica Especial da área de Didáctica da Expresión Musical.
Programa completo
- 8 de maio. Fauna e fantasía descifrando o Entroido dos animais, de Saint-Saëns
- 15 de maio. Entre historias e sons: unha inmersión no universo encantado de Miña nai, a gansa, de Maurice Ravel
- 22 de maio. Explorando Cadros para unha exposición, de Mussorgsky: unha viaxe musical pola arte visual
- 29 de maio. Os encantos de Scheherezade: unha viaxe musical por As mil e unha noites