Xornada conmemorativa do 80 aniversario da publicación de Sempre en Galiza

Martes 28 de maio, de 16:00 a 20:30 h, no Edificio Castelao

sempre en Galiza

A Fundación Castelao celebra o 80 aniversario da publicación de Sempre en Galiza cunha xornada con conferencias e cunha mesa redonda.

En marzo de 1944 publícase en Bos Aires o ensaio político Sempre en Galiza de Castelao, un libro que o autor levaba elaborando desde 1934. O manuscrito orixinal desta obra de referencia consérvase no Museo de Pontevedra, así como as sucesivas edicións realizadas en Bos Aires, Madrid e Vigo. Por iso, e ao cumprirse o 80 aniversario da súa edición, cómpre reunírmonos no mesmo lugar no que se conserva o manuscrito deste clásico do galeguismo para afondar no seu estudo e valoración.

Programa

16:00 h Presentación da xornada

16:15 h Conferencia “O retorno da obra de Castelao a Pontevedra”

Ángeles Tilve Jar, directora do Museo de Pontevedra

16:45 h Conferencia “As edicións, as prohibicións e as censuras de Sempre en Galiza

Xosé Manuel Dasilva, catedrático do Departamento de Tradución e Interpretación na Universidade de Vigo

17:15 h Descanso

17:45 h Conferencia “Castelao e a construción dunha tipografía galega”

Natalia Crecente García, Escola Superior de Arte e Deseño Ramón Falcón

18:15 h Conferencia “De non sempre en Galiza a Sempre en Galiza

Miguel Anxo Seixas Seoane, Fundación Castelao

18:45 h Mesa redonda coas persoas participantes

Modera: Diana Santiago Iglesias, Fundación Castelao

19:30 h Visita guiada

Visitaranse a exposición permanente de Castelao e a exposición temporal “Castelao: o retorno a Galicia, 1984. Xan Carballa. Fotografías” con Xosé Enrique Acuña e Xan Carballa.

 

Dirixe: Miguel Anxo Seixas Seoane

Organiza: Fundación Castelao

Colaboran: Secretaría Xeral de Política Lingüística, Xunta de Galicia. Museo de Pontevedra, Deputación de Pontevedra

Vídeos