Visitas introdutorias á exposición San Sebastián, corpo de beleza e dor

Sábados 7, 14, 21 e 28 de marzo e 4 de abril de 2026, ás 12:00 h no Edificio Castelao

Visitas introdutorias á exposición San Sebastián, corpo de beleza e dor. Unha paixón privada, que se exhibe no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra ata o 5 de abril de 2026. A cargo do equipo de Educación do Museo.

A mostra reúne 77 gravados que van do Renacemento do século XVI ata as vangardas e a contemporaneidade do século XX, cunha presenza destacada de estampa barroca dos séculos XVII e XVIII. Isto complétase coa presenza da imaxe de San Sebastián na cultura e na sociedade actuais, a través de capas de libros, discos e revistas, deseños de camisetas, perfumes ou elementos publicitarios.