Visita guiada ás salas de Castelao
Conmemoración del 75 aniversario de la muerte de Castelao, martes 4 de febrero, a las 18:00 h en el Edificio Castelao
Para conmemorar o 75 aniversario do pasamento de Castelao, o 7 de xaneiro de 1950 en Bos Aires, o Museo de Pontevedra programa unha visita guiada especial ás salas de Castelao no Museo. Son dúas salas nas que se exhibe unha parte dos centos de obras súas que conserva o Museo. Nelas está moi presente a súa faceta de artista, pero tamén as de escritor e político galeguista, imposibles de desligar daquela.
A visita terá unha duración de arredor de 60 minutos e, durante este ano, repetirase o primeiro martes de cada mes. A inscrición a esta visita pode facerse a partir do luns 27 de xaneiro neste formulario.