Visita guiada ás salas de Castelao

Conmemoración do 75 cabodano de Castelao, martes 7 de xaneiro, ás 18:00 h no Edificio Castelao

salas de Castelao

Para conmemorar o 75 aniversario do pasamento de Castelao, o 7 de xaneiro de 1950 en Bos Aires, o Museo de Pontevedra programa unha visita guiada especial ás salas de Castelao no Museo. Son dúas salas nas que se exhibe unha parte dos centos de obras súas que conserva o Museo. Nelas está moi presente a súa faceta de artista, pero tamén as de escritor e político galeguista, imposibles de desligar daquela.

A visita terá unha duración de arredor de 60 minutos e, durante este ano, repetirase o primeiro martes de cada mes. A inscrición á primeira visita guiada pode facerse a partir do 30 de decembro neste formulario