VIII Xornada de Onomástica Galega

A onomástica e a cultura popular. Sábado 21 de outubro no Edificio Castelao

Hipólito Collado

A VIII Xornada de Onomástica Galega explorará o vindeiro 21 de outubro o papel dos nomes propios e a súa riqueza na cultura popular. O encontro anual que organiza o Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, coa colaboración do Museo de Pontevedra e a Deputación de Pontevedra, prestaralle nesta ocasión atención especial á presenza da toponimia e a antroponimia no cancioneiro, aínda que tamén se terán en conta outros xéneros. Haberá ademais tempo para coñecer experiencias dende o mundo educativo relacionadas co tema da xornada, que rematará cunha actuación musical de Tralo-Valo.

Programa completo