Proxeccións escolares de Castelao: de chumbo a verba
Os mércores do 22 de xaneiro ao 12 de marzo, ás 10:30 h no Edificio Castelao
O Museo de Pontevedra conmemora o Ano Castelao cunha nova actividade dirixida especificamente a centros escolares. Cada mércores pola mañá, do 22 de xaneiro ao 12 de marzo, o auditorio do Museo acollerá un proxección do filme Castelao: de chumbo a verba, aberta aos centros escolares de Pontevedra. A actividade está dirixida a alumnado de 5º e 6º de educación primaria, ESO e Bacharelato.
Os centros educativos poden reservar data escribindo a educacion.museo@depo.gal indicando o nome do centro, o número de alumnado por niveis, a persoa de contacto, un número de teléfono e un enderezo de correo electrónico.
Castelao: de chumbo a verba é un documental ficcionado no que se mestura a época actual, os anos centrais da vida de Castelao e imaxes de arquivo para axudar a entender o seu pensamento e a súa dimensión cultural e política. Dirixido por Miguel López en 2017, conta con Miguel Pernas, Uxía Blanco e Iago Novoa no elenco. Ten unha duración de 60 minutos.