Programación de nadal no Museo

Concertos, obradoiros infantís e visitas guiadas ás exposicións en decembro de 2022 e xaneiro de 2023

A programación de nadal do Museo de Pontevedra inclúe actividades dirixidas a todos os públicos. Todas son de balde. O acceso é libre a todas elas excepto aos obradoiros, que requiren inscrición previa a partir do 19 de decembro en reservas.museo@depo.gal, indicando nome e apelidos da nena ou neno, idade e teléfono de contacto.

EXPOSICIÓNS

CONCERTOS

  • Música de cámara en Francia, s. XIX-XX

    Cuarteto de saxofóns Val Sax Cuartet

    16 de decembro ás 19.00 h

  • Gala de nadal

    Conservatorio Manuel Quiroga de Pontevedra

    20 de decembro ás 19.00 h

  • Divertimento! Mozart para familias

    Cuarteto Alicerce + Alfredo Pérez

    27 de decembro ás 19.00 h

  • Trilitrate

    3 de xaneiro ás 19.00 h

OBRADOIROS

  • Io, Saturnalia: os mellores días

    27, 28, 29 e 30 de decembro, de 11.30 a 13.00 h.

    Obradoiro sobre as ‘Saturnais’, festa romana que tiña lugar en decembro.

    Dirixido a nenas e nenos de 6 a 10 anos. 15 prazas por día.

  • Obradoiro de collages translúcidos

    3 de xaneiro ás 17.00 h

    Obradoiro coa artista visual Montse Piñeiro. As creacións resultantes formarán parte do concerto de Trilitrate (o mesmo día ás 19.00 h).

    Dirixido a nenas e nenos a partir de 8 anos en compañía dunha persoa adulta. 12 prazas.