Presentación do libro Antonio Palacios. Obra completa, de Álvaro Bonet López

Mércores 13 de novembro, ás 19 h, no Edificio Castelao

Presentacion do libro Antonio Palacios

O Museo de Pontevedra publicou este ano o libro Antonio Palacios. Obra completa. Nel, o arquitecto Álvaro Bonet, un dos maiores expertos en Palacios, reúne 239 fichas perfectamente documentadas de obras construídas ou proxectadas polo arquitecto porriñés. Arredor dun cento delas son obras inéditas, ademais de achegar documentación descoñecida sobre outras 40 construcións e proxectos.

Trátase dun volume de 466 páxinas que recolle un gran número de ilustracións en cor, que inclúe fotografías actuais e históricas, planos e debuxos. O libro pretende ser unha obra de referencia para calquera investigadora ou investigador que se achegue no futuro ao legado arquitectónico de Antonio Palacios.