Presentación do catálogo Juan Carlos Meana. O espazo entre as cousas

Venres 3 de maio, ás 12:30 h, no Edificio Castelao

Caricatura de Luisa Villalta

Presentación do catálogo da exposición “Juan Carlos Meana. O espazo entre as cousas”, a cal acolleu o Museo de Pontevedra entre agosto e outubro de 2023. O catálogo inclúe unha ampla reportaxe gráfica da exposición, así como varios textos: “Juan Carlos Meana: a voz vén doutra parte”, do comisario Alberto Ruíz de Samaniego; “Estratexias de limiar”, do filósofo e crítico cultural Ignacio Castro; o poema “Introdución ao pedregal”, de Luis del Álamo Vaquero; e unha selección de textos do propio artista.

Na presentación participarán Alberto Ruiz de Samaniego, comisario da exposición; Telmo Meana, fillo do artista; Román Corbato, deseñador do libro; e Ángela Comesaña, responsable de Publicacións do Museo de Pontevedra.