Obradoiros polo Día Mundial de Arquitectura para nenas e nenos de 6 a 12 anos

Catro actividades diferentes o sábado 30 de setembro e o domingo 1 de outubro no Edificio Castelao

Prazas esgotadas
 

Edificio Castelao

A través do correo electrónico info@tallerabierto.gal

Día mundial arquitectura

O Museo de Pontevedra organiza catro obradoiros polo Día Mundial da Arquitectura, que se celebra cada ano o primeiro luns de outubro. As actividades, dirixidas a nenas e nenos de 6 a 12 anos de idade, terán lugar o sábado 30 de setembro e o domingo 1 de outubro pola mañá. Terán unha duración de hora e media e son obradoiros independentes. A inscrición pode facerse a través do correo electrónico info@tallerabierto.gal.

Os obradoiros que se van desenvolver son:

  •  Sábado 30 de setembro, de 10.30 h a 12.00 h: As ferramentas da arquitecta
  • Sábado 30 de setembro, de 12.15 h a 13.45 h: Do plano á maqueta
  • Domingo 1 de outubro, de 10.30 h a 12.00 h: Recoñecendo a cidade
  • Domingo 1 de outubro, de 12.15 h a 13.45 h: Imaxina o teu museo

As ferramentas da arquitecta

Neste obradoiro que se desenvolverán o sábado 30 de 10:30 a 12:00 h, explicaranse os elementos e conceptos que manexan as arquitecturas e os arquitectos para desenvolver o seu traballo de maneira axeitada. Falarase de escala e das dimensións que deben ter as cousas para adaptarse á escala humana.

Do plano á maqueta

Unha construción materialízase en tres dimensións, pero é necesario facer un paso previo, o plano, no que se describen con precisión as dimensións, forma e materiais do que logo será edificado. O segundo obradoiro do sábado 30, de 12:15 a 14:45 h, propón saltar das dúas ás tres dimensións poñendo en xogo os mecanismos de visión espacial necesarios para entender o volume do previamente debuxado.

Recoñecendo a cidade

O domingo 1 de outubro desenvolverase un primeiro obradoiro centrado no urbanismo, en como xorden e se van conformando as cidades pola superposición de tecidos que responden a formas de construír e entender como debe habitarse o espazo. Nesta actividade as e os participantes aprenderán a recoñecer a forma urbana segundo a época e a entender o porqué da súa estrutura.

Imaxina o teu museo

O último obradoiro terá lugar o domingo 1 entre as 12:15 e a 13:45 h. Nesta sesión as e os participantes poderán coñecer como se combina o existente co novo nun exercicio plástico onde facer unha proposta alternativa de arquitectura contemporánea para o Edificio Castelao.