Obradoiros familiares: A Era das Fábulas

Sábados 13, 20 e 27 de xullo, de 11:30 a 13:00 h, no Edificio Castelao

obradoiro A era das fábulas

Tres obradoiros dirixidos a público familiar, cada un deles vinculado a un acto da exposición ‘A era das fábulas. Sobre a arte e o poder rexenerador da fantasía’. Impartido por Taller Abierto.

Seguindo o concepto expositivo que vincula o ancestral co contemporáneo a través da fábula ou o mito, desenvolverase unha serie de actividades plásticas que axuden a entender a arte ao longo da historia como reflexo do tempo no que foi creada e de entender como nos serve para reflexionar sobre temas contemporáneos.

Obradoiros para nenas e nenos a partir de 6 anos, en compañía dunha persoa adulta.

Inscrición a partir do xoves 4 de xullo a través de Whatsapp: 617340323 (Taller Abierto).