Obradoiro de Numismática: A Ceca do Museo

Sábado 14 de setembro, en dúas quendas: a primeira, de 10.00 a 11.30 h, e a segunda, de 12.00 a 13.30 h

numismática

Está dirixido a nenas e nenos de 6 a 10 anos.

Inscricións: a partir do mércores 4 de setembro, ás 9.00 h, a través do correo electrónico reservas.museo@depo.gal; na solicitude indicarase o nome e a idade da ou do menor, a quenda de preferencia e un número de teléfono de contacto.

Entre os días 12 e 14 de setembro terá lugar no Museo de Pontevedra o XVII Congreso Nacional de Numismática. Con ese motivo, o Departamento de Educación do Museo desenvolverá un obradoiro para achegarlles a numismática ás e aos máis pequenos: a súa orixe, as diferentes moedas que circularon no territorio peninsular desde a chegada dos romanos ata o século XXI e o seu proceso de fabricación.

Ademais de recibir unha explicación inicial sobre todas estas cuestións, a cativada terá a oportunidade de deseñar e crear a súa propia moeda, así como de acuñar recreacións de moedas antigas pertencentes á colección do Museo de Pontevedra, coma un áureo do emperador Domiciano ou unha moeda do rei Fernando II.