Obradoiro de Creatividade e Tradición: Isaac Díaz Pardo e a súa Obra Plástica

Domingo 6 de abril de 2025, de 11:30 a 13:00 h, no Edificio Castelao

obradoiro diaz pardo

No Día das Artes Galegas deste ano homenaxéase a Isaac Díaz Pardo, unha das persoas que máis traballou pola cultura galega no século xx, desde unha perspectiva comprometida e con afán transformador. O Museo de Pontevedra dedícalle, ademais dunha conferencia, un obradoiro co que quere achegar a súa figura e a súa obra á rapazada.

Trátase dunha actividade creativa na que as nenas e nenos a partir de 6 anos farán un percorrido pola traxectoria artística de Díaz Pardo e explorarán o seu universo plástico para recoñecer os trazos principais do seu estilo. O obradoiro será impartido por Taller Abierto.

A inscrición é de balde e pode facerse desde o xoves 27 de marzo, ás 10 h, a través de WhatsApp no número 617 340 323 de Taller Abierto.