Obradoiro ‘Castelao e o linogravado’ para público adulto

Do luns 1 ao xoves 4 de abril, de 17:00 a 19:30 h.

Obradoiro ‘Castelao e o linogravado’

O obradoiro é impartido por Nelson Gómez Callejas e Pilar Delmas Filgueira. Esta edición está dirixida a público adulto. Ten nove horas de duración, repartidas en catro días.

A inscrición para público adulto ábrese o martes 12 de marzo ás 9:00 h, escribindo a reservas.museo@depo.gal e indicando o nome e un número de teléfono de contacto. Hai 15 prazas, que se adxudicarán por rigorosa orde de inscrición.

No obradoiro farase unha introdución ás características desta técnica e unha explicación da súa importancia en Pontevedra, onde foi introducida por Castelao, logo da súa viaxe por Europa en 1921. Logo tivo continuidade na cidade grazas aos seu discípulo Luis Pintos Fonseca e  ás ilustracións das revistas Cristal e Spes.

As persoas participantes realizarán os seus propios gravados con linóleo e estamparanos en papel ecolóxico e nunha bolsa de tea ecolóxica.