Lembranza dun artista e tres poetas do Seminario de Estudos Galegos
O venres 24 de marzo a Mesa das Verbas homenaxea a Castelao, Filgueira Valverde, Fermín Bouza Brey e Luís Bouza Brey “Lucho”.
14/03/2023
A asociación Mesa das Verbas organiza o venres 24 de marzo unha xornada de lembranza do Seminario de Estudos Galegos centrada en catro dos seus membros: Castelao, Filgueira Valverde, Fermín Bouza Brey e Luís Bouza Brey "Lucho".
Programa
12 h. Visita aos edificios Castelao e Museo, con especial atención ás salas dedicadas a Castelao.
18 h. Conferencia a cargo de Germán Manuel Torres de Aboal: ‘O Seminario de Estudos Galegos (1923-1936): o labor científico pola construción dunha identidade galega. Unha esperanza negada’
Recital poético con micro aberto.