Lembrando a Paco del Riego polo Día das Letras Galegas
Obradoiros con centros escolares os días 3 e 5 de maio e visita guiada para público adulto o sábado 6 de maio ás 12:00 h
O Museo de Pontevedra lembrará a figura de Francisco Fernández del Riego, escritor e intelectual homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, con dúas actividades coordinadas por Polo Correo do Vento.
O mércores 3 e o venres 5 de maio pola mañá desenvolveranse dous obradoiros dirixidos a centros escolares.
O sábado 6 de maio ás 12:00 h realizarase unha visita guiada ás salas da exposición permanente no Edificio Castelao, centrada na arte galega do século XX e en especial nos e nas artistas cos que del Riego tivo relación: Castelao, Laxeiro, Julia Minguillón, Urbano Lugrís... A visita guiada está dirixida a público adulto. A inscrición pode facerse escribindo a polocorreodovento@hotmail.com.