Imos pintar ó museo. Exploración artística para principiantes

Curso práctico de pintura para público adulto, de novembro a xaneiro

Prazas esgotadas
 
Imos pintar ó museo

O curso práctico ‘Imos pintar ó museo’ desenvolverase ao longo de 12 sesións durante os meses de novembro e decembro de 2023 e xaneiro de 2024. Está dirixido a persoas adultas que se queiran iniciar no debuxo e a pintura. Será impartido pola artista Antía Sánchez.

Será unha sesión semanal de unha hora e media de duración, con dúas quendas:

  • Martes, de 17:00 a 18:30 h
  • Martes, de 18:30 a 20:00 h

Inscrición: a partir do 31 de outubro ás 9:00 h, escribindo a reservas.museo@depo.gal indicando nome e apelidos e teléfono de contacto. Obradoiro gratuíto.

O curso organizarase en tres bloques:

Autorretrato. 7, 14, 21 e 28 de novembro. A partir da autocaricatura de Castelao, as persoas participantes aprenderán a debuxar rostro e corpo, viaxando desde a figuración á síntese dunha figura utilizando a liña e plano de cor.

Eescena de xénero. 5, 12, 19 e 26 de decembro. A partir de obras de Laxeiro e Arturo Souto, este bloque achegarase ás escenas de xénero, que enmarcan a xente común dentro de accións cotiás. As persoas participantes aprenderán a soltar a man explorando o trazo, composición e claroscuro e debuxo co carbón, o trapo, esfumado e goma.

Paisaxe. 9, 16, 23 e 30 de xaneiro. A partir da obra de Colmeiro, as persoas participantes introduciranse na paisaxe e a cor, usando o pastel e empregando o círculo cromático para entender as relacións entre as cores e a composición cromática.

Impartirá o curso Antía Sánchez, licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Como docente, desenvolveu diversos cursos e obradoiros de pintura e debuxo. Como artista, expuxo en Portugal, Finlandia e España.