I Encontro de Arqueoloxía. Arquitecturas efémeras da prehistoria recente no Noroeste ibérico

18 e 19 de maio no Edificio Castelao. Inscricións ata o 16 de maio

https://encontroarqueoloxia.depo.gal

Encontro de Arqueoloxía

Os días 18 e 19 de maio celebrarase no Edificio Castelao o I Encontro de Arqueoloxía, unha cita que pretende reunir cada ano as últimas investigacións neste campo chegadas dos ámbitos profesional e académico. O encontro desenvolverase en horario de mañá e tarde, cunha duración total de 17 horas. A inscrición é gratuíta e pode facerse ata o 16 de maio. A Universidade de Santiago de Compostela recoñece 10 horas de formación de doutoramento.

Durante o período que se estende entre inicios do V milenio a.n.e. e o I milenio a.n.e., as materias primas más empregadas para levantar construcións no Noroeste da península ibérica foron madeira, cordas, pólas e terra. Na maior parte dos casos degradáronse e non se conservan, polo que só chegaron ata nós nos casos nos que o lume entrou en contacto con elas. As foxas, buratos de poste ou gabias de cimentación son as principais evidencias arqueolóxicas que conservamos para achegarnos ás comunidades desa época.

No Museo de Pontevedra analizaranse estas arquitecturas efémeras de lugares de habitación e lugares de almacenaxe relacionados coas tarefas agrícolas e outras actividades produtivas. Polo seu carácter efémero son pouco visibles na paisaxe e, unha vez escavadas, moi difíciles de conservar. Por iso son descoñecidas en gran medida polo público xeral e incluso para parte dos profesionais da arqueoloxía.

Programa completo e formulario de inscrición en https://encontroarqueoloxia.depo.gal.