Contacontos ilustrado: Periplo atlántico. Homenaxe a Castelao

Domingo 7 de abril, ás 12:00 h no Edificio Castelao

Castelao polo Correo do Vento

Polo Correo do Vento presenta este contacontos ilustrado e musicado, que remata cun obradoiro de debuxo. Panchito é o único pingüín que vive en Pontevedra. Aínda que é feliz e ten moitas amizades decide marchar á Antártida.

Realizarase unha versión moi libre do conto ‘O negro Panchito’ de Castelao, chea de aventuras, viaxes, perigos, literatura, risas e moito amor. Búscase a conexión coas crianzas e as persoas maiores que as acompañen. Ao remate do contacontos farase un obradoiro de debuxo, no que, seguindo as indicacións do ilustrador, nenas, nenos e maiores debuxarán unha caricatura do protagonista da historia.