Concerto: Jaime Velasco. Canciones, poemas y otros viajes
Venres 15 de setembro ás 19:30 h no convento de Santa Clara. Con reserva de praza previa
Convento de Santa Clara
Con reserva de plaza previa
O concerto é de balde e ten acceso limitado, polo que é necesario reservar praza previamente, escribindo a reservas.museo@depo.gal antes do 15 de setembro ás 14:00 h. Cada persoa pode reservar ata dúas prazas e é necesario indicar un número de teléfono de contacto.
Jaime Velasco naceu en Santander en 1985. Formado na música clásica, as súas influencias abarcan desde músicas de raíz popular ao impresionismo e a tradición sinfónica. Participou en proxectos como guitarrista de estudo e directo, así como arranxista e compositor en proxectos e agrupacións de estilos moi diversos en España e Alemaña. Jaime Velasco recibiu premios internacionais como intérprete solista e ofreceu concertos en diversos países. No seu último traballo discográfico o compositor pon en relevo a través da súa música textos de diversos poetas e propón outras cancións e viaxes para o oínte que queira indagar no seu universo musical.
A Jaime Velasco (guitarra) acompáñao unha banda formada por María Villanueva (guitarra e voz), Carlos Gutiérrez (baixo) e Natxo Miralles (batería e percusión).