Concerto do Cuarteto Vagalume no ciclo ‘O son do piano’

Venres 8 de marzo, ás 19:00 h no Edificio Castelao

Cuarteto Vagalume

O Cuarteto Vagalume é o protagonista do segundo concerto do ciclo ‘O son do piano’, no que no mes de marzo tres formacións acústicas ofrecen as súas propostas musicais arredor do noso piano. Presentará o espectáculo ‘Ausencias. Unha viaxe pola música en feminino’.

O Cuarteto Vagalume está formado por catro músicos da provincia de Pontevedra formados en diferentes conservatorios superiores e cunha ampla experiencia concertística en agrupacións camerísticas e de gran formato. Son Sabela Senn Loyoza (Pontevedra, 1992) ao violín, Vania Collazo Pequeño (Vigo, 1990) ao violín, Irene Portela (Pontevedra, 1998) á viola e Rubén Canedo Silva (Berna, 1999) ao violonchelo.

O cuarteto pon o foco na música de arraigamento coa intención de achegala a todo o público. É o caso do concerto que presentan nesta ocasión, no que reflexionan sobre a falta de visibilidade que enfrontaron destacadas compositoras ao longo da historia da música clásica. Este esquecemento non é senón o resultado de estruturas sociais profundamente arraigadas que marxinaron as contribucións das mulleres na composición musical.

Presentado a modo de concerto didáctico, ofrecerán un percorrido por diferentes estilos e épocas, comezando coas melodías clásicas e elegantes de Maddalena Lombardini e rematando con dúas novas promesas da escena contemporánea galega: as compositoras Irene G. Magaña e Alicia García Tojeiro.

Programa

  • Maddalena Lombardini. Cuarteto de corda nº3 (10')
  • Cecile Chaminade. Marcha rusa (2')
  • Fanny Hensel. I Movemento do Cuarteto de corda en Mi b M (4')
  • Eugenia Osterberger. Ausencias (3') / Falas de nai (4')
  • Florence B Price. The deserted garden (3')
  • María Grever. Así (4')
  • Irene G. Magaña. Nos pueden escuchar (6')
  • Alicia García Tojeiro. Pasodoble de Bossa (5')