Concerto de Samudra Trío presentando ‘Odisea’

Venres 18 de novembro ás 19.00 h no Edificio Castelao, con pintura en directo a cargo de Alba Troitiño.

Samudra Trio

Concerto de presentación de ‘Odisea’, o primeiro traballo discográfico Samudra Trío, composto por frauta, cello e piano. A formación de música de cámara quere amosar a diversidade na música clásica. No seu repertorio parten da sonoridade fóra de Occidente pasando polas influencias da música tradicional e popular a partir das correntes nacionalistas do século XX.

Están presentes compositores que se inspiran na música tradicional do seu país como o galego Rogelio Groba, Paquito D’Rivera e Béla Bartók, outros que beben da súa formación na música clásica occidental como Joaquín Turina, Nikolái Kapustin e Samuel Coleridge-Taylor, e os que crean novas correntes desde a música clásica das súas culturas como é o caso de Ravi Shankar.

No concerto contarán coa acción en directo da artista visual Alba Troiteiro, que pintará un mural duns 6 metros cadrados, fusionándose en perfecta harmonía coa interpretación musical.