Charla e obradoiro de Proxecto Bolina: “A arte das redeiras e iniciación ao atado de redes de pesca”

Venres 10 de xaneiro, ás 18:00 h no Edificio Castelao

Proxecto Bolina

A artesá Amalia Puga e a Asociación de Redeiras Atalaia da Guarda explicarán as claves do seu oficio e introducirán as persoas asistentes no proceso de creación de redes de pesca e nas bases do atado aplicado a pezas de decoración.

A actividade comeza cunha pequena charla de introdución á arte de atar redes de pesca, coa explicación das ferramentas, os tipos de arte de pesca e a súa evolución ata hoxe. Despois, as persoas asistentes aprenderán as bases do atado de redes. Cada participante contará cun kit para confeccionar, paso a paso, un prato inspirado no deseño das bandexas Patela.

Actividade dirixida a persoas maiores de 16 anos. Inscrición a partir do 30 de decembro ás 10:00 h a través do correo electrónico reservas.museo@depo.gal.