Charla didáctica: “A mensaxe dos aparellos de pesca”, por José Manuel Rosas Otero
Venres 10 de xaneiro, ás 17:00 h no Edificio Castelao
Como colofón á exposición José Benito Otero Baena. Un pintor sen pinceis, o patrón maior da Confraría de Pescadores de Bueu ofrece unha charla para todos os públicos sobre as artes de pesca e a súa evolución a través da cultura mariñeira galega.