Arte na rúa con ‘A era das fábulas’

Venres 30 de agosto, de 11:00 a 13:00 h, na praza da Peregrina

Arte na rúa con A era das fábulas

Actividade de rúa na que se convida a todas as persoas interesadas a facer as súas propias versións libres de tres cadros de Vasili Kandinsky, Manuel Moldes e Inês Zenha presentes na exposición  ‘A era das fábulas. A arte e o poder rexenerador da fantasía’.

Trátase dunha actividade aberta a calquera persoa, sen límites de idade nin necesidade de coñecementos previos. Non é necesaria a inscrición previa.