Novas - Museo de Pontevedra
Novas
-
O estudo de arquitectura ‘Nieto & Sobejano’ gaña o concurso de anteproxectos de Santa Clara coa proposta ‘Verbas da pedra’
O deseño, que propón un peche sutil do claustro e unha recepción baixo baldaquino, destacou pola organización funcional dos espazos para destinalos a museo e centro arqueolóxico
09/06/2023
-
O Encontro de Arqueoloxía no Museo de Pontevedra incide na necesidade de investigacións sistemáticas sobre xacementos prehistóricos con construcións efémeras
Profesionais da arqueoloxía e da investigación académica revisaron as principais intervencións arqueolóxicas das últimas décadas nas que se documentou arquitectura efémera da prehistoria recente
19/05/2023
-
Concerto, monicreques e unha exposición itinerante para celebrar o Día Internacional dos Museos
As actividades, que se celebrarán entre o 18 e o 20 de maio, xiran arredor do concepto de ‘Museos, sostibilidade e benestar’ e inclúen tamén unha visita guiada e unha campaña en redes sociais
10/05/2023
-
O Museo de Pontevedra abre o prazo para participar en Novos Valores 2023, o certame provincial que busca promover artistas noveis
Seleccionaranse un máximo de 25 pezas e as catro mellores serán premiadas con catro bolsas de 7.500 euros para que as persoas autoras amplíen a súa formación artística
09/05/2023
-
As rehabilitacións dos edificios centrais do Museo e do convento de Santa Clara estarán rematadas en 2027
O proxecto de reforma e conexión soterrada dos edificios históricos da Praza da Leña aprobarase o vindeiro día 19 en pleno extraordinario
08/05/2023
-
O Museo reforza a presenza de mulleres artistas e da temática da represión e o exilio coa incorporación á exposición permanente de once obras galegas do século XX
Carmen Gómez Pérez-Neu e Mercedes Ruibal súmanse á representación feminina con pinturas nas que retratan outras mulleres
25/04/2023