Presentación do libro Los exvotos en Galicia. Su significación en la religiosidad popular, de José Fuentes Alende

Venres 21 de xuño, ás 19:00 h, no Edificio Castelao

libro exvotos

O Museo de Pontevedra acaba de editar esta publicación de José Fuentes Alende, que foi secretario técnico do museo. Trátase dun amplo estudo antropolóxico en dous volumes sobre exvotos de diferentes tipos en Galicia (coma os de cera, as maquetas ou os cadros votivos), a súa historia e antecedentes e un repaso pola relixiosidade popular en Galicia.

Este traballo é resultado do fondo coñecemento do autor sobre o tema, sobre o que iniciou as súas investigacións hai xa 37 anos. O primeiro volume introduce as características da relixiosidade popular en Galicia, con atención especial ás peregrinacións e aos santuarios. Logo afonda nos exvotos, coas súas características xerais e coa exposición das diferentes tipoloxías: de cera, de madeira, metálicos, maquetas de barco, cadros votivos etc.

O segundo volume céntrase na análise en detalle dos cadros votivos existentes en igrexas e santuarios das catro provincias galegas. Pecha o estudo unha extensa biografía sobre a materia.