Debuxar no Museo. Exploración artística para principiantes

Cursos prácticos de técnicas de carbón (outubro), tinta (novembro) e pastel (decembro)

Prazas esgotadas
debuxar no museo

O Museo de Pontevedra programa unha serie de obradoiros para público en xeral con coñecementos básicos de debuxo.

Será unha sesión semanal no Edificio Castelao, con dúas quendas: unha de 16:30 a 18:00 h e outra de 18:00 a 19:30 h

Inscrición: a partir do mércores 18 de setembro, ás 9:00 h, nesta mesma páxina.

Ofrécense tres cursos independentes:

Carbón: 1, 8, 15 e 22 de outubro. Partindo de obras de Laxeiro, explicarase o claroscuro, o alto contraste e como sacar volume de figuras sinxelas.

Tinta: 5, 12, 19 e 26 de novembro. A obra de Castelao servirá como inspiración, explicando como traballar sobre seco e sobre húmido e como usar diferentes técnicas para aplicar o trazo.

Pastel: 10 e 17 de decembro, 14 e 21 de xaneiro. Unha aproximación á cor a través das paisaxes do Museo, empregando o pastel para traballar as cores complementarias e a composición cromática.

Imparte Antía Sánchez, licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Como docente, desenvolveu diversos cursos e obradoiros de pintura e debuxo. Como artista, expuxo en Portugal, Finlandia e España.