Coneces - A colección de ourivería Christofle do Museo de Pontevedra - Museo de Pontevedra
A colección de ourivería Christofle do Museo de Pontevedra
O Museo de Pontevedra posúe unha importante colección de ourivería da Casa Christofle que pertenceron ás irmás Concha e María Mendoza Babiano, sobriñas netas do ilustre mariño pontevedrés Casto Méndez Núñez.
Trátase dun conxunto de 52 pezas de ourivería de indubidable interese, realizado sobre todo en alpaca, pertencente a unha serie limitada que conforma unha colección que a Casa Christofle denominou “Bord de tulipe” polos seus motivos naturalistas e presentar os bordos decorados coa flor do tulipán. Fórmano pratos, froiteiros, ensaladeiras, bandexas, licoreiras, sopeiras, salseiras… coas súas respectivas marcas e número de edición.
A Casa Christofle é unha empresa de longa historia. Fundada en 1839 por Charles Christofle covertiríase nun dos emblemas de Francia.
As irmás Mendoza Babiano desempeñaron un papel moi destacado na vida social e cultural da Pontevedra de principios do século XX.
Erea Castro Alfonso estuda esta interesante colección no seguinte artigo que se pode abrir en PDF
Erea Castro Alfonso