Novas - Museo de Pontevedra
Novas
-
Rafa Domínguez presenta a imaxe para a Bienal de Arte de Pontevedra, que se converterá “nun punto de encontro para as ideas e as emocións universais"
O novo logo está inspirado nas caixas nas que se transportan as obras de arte, “un símbolo de movemento, intercambio e conexión internacional”, e será a imaxe da cita cultural a través dos anos
30/07/2024
-
A Deputación convoca a través do Museo unha residencia internacional de investigación artística para completar a formación dunha persoa da provincia na Academia de Arte e Deseño de Basilea
A convocatoria está aberta a persoas residentes ou nadas na provincia que sexan comisarias, artistas creadoras ou investigadoras e teñan un nivel alto de inglés. A persoa seleccionada completará a súa formación en Suíza durante tres meses
18/07/2024
-
A Deputación dá inicio á intervención para a retirada de plantas das ábsidas das Ruínas de San Domingos
Este luns montáronse os andamios e está previsto que os traballos, salvo imprevistos, estean rematados esta mesma semana
08/07/2024
-
A Deputación merca o mural de Conde Corbal do antigo Carabela para o Museo de Pontevedra
Trátase dunha peza de relevancia histórica, cultural e social para Pontevedra e o seu conxunto ten un significado identitario para a cidade que o fai merecente de ser custodiado no Museo de Pontevedra
26/06/2024
-
A programación de verán no Museo de Pontevedra xirará arredor de ‘A era das fábulas’, unha exposición na que a súa colección conversa coas da Fundación María José Jove e TBA21 Thyssen-Bornemisza Art Contemporary
A mostra, que se inaugurará o 10 de xullo, explora en tres actos o interese da arte polo poder rexenerador da fantasía
11/06/2024
-
O vicepresidente da Deputación entrega os premios aos centros escolares gañadores do Concurso Micromuseo
Alumnado do IES Pintor Colmeiro, de Silleda, do CEIP San Clemente de Cesar, de Caldas de Reis, e do CEIP Plurilingüe de Domaio, de Moaña, foron galardoados polos seus relatos audiovisuais sobre o Museo
10/06/2024