Seminario “A Galería Diana de Cidade de México, 1954-1965”

Xoves 17 de outubro, de 16:00 a 20:00 h, no Edificio Castelao

A Galería Diana de Cidade de México, 1954-1965

O seminario “A Galería Diana de Cidade de México, 1954-1965. Reconstrución Histórica dunha Galería de Arte do Exilio Galego e Español” parte do traballo de Samuel Diz e Beatriz Fontán na investigación, estudo e reconstrución da Galería Diana de Rosita García Ascot e Xesús Bal y Gay, situada no Paseo de la Reforma 489 da Cidade de México entre 1954 e 1965. Artistas do exilio como Remedios Varo, Elvira Gascón ou Lucinda Urrusti compartiron espazo coa nova xeración de artistas mexicanos como Ángela Gurría, Pedro Friedeberg ou Héctor Xavier, nun momento de novas inquedanzas que impulsaron o movemento da Ruptura.

Esta investigación, aínda inédita, deu os seus primeiros froitos coas conferencias realizadas no Museo de Arte Moderno (Cidade de México) ou na Galería Caja Negra de Madrid, ao que se suma o apoio recente da Residencia de Estudiantes, institución que conserva o legado de Bal y Gay e García Ascot.

Acceso libre. Entregaráselles un certificado de asistencia ás persoas que se inscriban previamente en reservas.museo@depo.gal.

 

PROGRAMA

De 16:00 a 20:00 h

16:00 h - Presentación do seminario

Mª Ángeles Tilve Jar, directora do Museo de Pontevedra

Samuel Diz, codirector do seminario

Beatriz Fontán, codirectora do seminario

16:15 h – “O nacemento galerístico e museístico en México nos anos cincuenta e sesenta”

Miriam Kaiser, comisaria e xestora cultural

Conversa por videoconferencia con Beatriz Fontán

16:45 h – “A Galería Diana, reconstrución historiográfica”

Samuel Diz, concertista e investigador do legado cultural do exilio republicano español

17:30 h – Descanso

18:00 h - Intervención musical. Interpretación de composicións de Rosita García Ascot

Alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra

Alba Mumary: ‘Peza de infancia I en Fa Mayor’

Xiana Lois: ‘Cancioncilla’

Yago Casalderrey: ‘A noiva e a mendiga’

Evelia Martínez: ‘Berce’

18:15 h - Mesa redonda. Investigación, preservación e difusión do legado artístico do exilio republicano en México

Carmen Gaitán Salinas, científica titular do Departamento de Historia da Arte e Patrimonio do Instituto de Historia do CSIC

Luis Rius Caso, comisario do exilio republicano español no Museo Kaluz (México) e investigador do Centro Nacional de Investigación, Documentación e Información das Artes Plásticas -CENIDIAP- do Instituto Nacional de Belas Artes e Literatura -INBAL- do Goberno de México

José García-Velasco, presidente da Fundación Francisco Giner de los Ríos e membro do padroado da Residencia de Estudantes

Modera: Beatriz Fontán