Voilà la femme. 25 aniversario. Exposición

A exposición conmemorativa ‘Voilà la femme’ reúne unha selección de obras das artistas máis relevantes que participaron nas súas 25 edicións e poderá visitarse desde o 19 de maio ata o 10 de xullo no Edificio Castelao. A mostra, que ten como finalidade visibilizar a produción artística realizada por mulleres, convida á reflexión acerca da identidade e a desigualdade a través das propostas de creadoras galegas ou vinculadas a Galicia.

16/05/2022

Menchu Lamas, Yolanda Herranz, Celeste Garrido, Ánxeles Iglesias, Carme Nogueira, Carmen Hermo, Mar Vicente, Reme Remedios, Sara Sapetti, Sonia Tourón, Mª Covadonga Barreiro, Basilisa Fiestras, Ana Gil, Noemí Lorenzo, Nuria Ruibal, Beatriz Sieiro, Itziar Ezquieta, Ofelia Cardo, Gema López, Mery Pais, Isabel Alonso, Colectivo LAG, Belén Diz, Raquel Blanco e Tania Crego conforman esta exposición colectiva na que exhibirán maioritariamente pezas inéditas.

Corpo, xénero, identidade e existencia son os núcleos de creación e investigación artística nos que se centran as obras incluídas nesta mostra que se inaugurará o xoves 19 de maio, ás 19:30 h. A entrada será libre ata completar a capacidade.

 

 

Programación de actividades

Visitas guiadas os xoves, desde o 16 de xuño, ás 18:00 h

Xoves, 2 de xuño, ás 11:00 h

YOLANDA HERRANZ e CELESTE GARRIDO

Artistas e comisarias da exposición.

Introdución teórica e visita guiada pola mostra.

Xoves, 9 de xuño, ás 18:00 h

ARANCHA AGUETE DE PAZOS

Historiadora da arte.

Introdución teórica e visita guiada pola exposición.

Presentan: Yolanda Herranz e Celeste Garrido (artistas e comisarias da mostra).

Xoves, 16 de xuño, ás 11:00 h

SUSANA BLÁS BRUNEL

Historiadora da arte, guionista do programa Metrópolis (TVE2) e comisaria independente especializada en creación audiovisual.

Introdución teórica e visita guiada pola exposición.

Presentan: Yolanda Herranz e Celeste Garrido (artistas e comisarias da mostra).

Xoves, 23 de xuño, ás 18:00 h

YOLANDA HERRANZ e CELESTE GARRIDO

Artistas e comisarias da exposición.

Introdución teórica e visita guiada pola exposición.

Xoves, 30 de xuño, ás 18:00 h

Presentación do catálogo da exposición

Presentan: Yolanda Herranz e Celeste Garrido (artistas e comisarias da exposición).

Domingo, 10 de xullo, ás 12:00 h

"SOMOS Mujeres e ESTAMOS Aquí"

Performance en vivo da artista Yolanda Herranz, realizada con motivo do acto de clausura da exposición Voilà la femme.