Pop-up

Libros móbiles e despregables
Datas: 29/07/2021 - 12/10/2021
Localización: Edificio Castelao

No edificio Castelao poderase ver desde o 29 de xullo, en que se inaugura ás 19:30 h, ata o 12 de outubro a exposición Pop-up que recolle unha selección dos máis de 2.400 libros móbiles e despregables da colección reunida polo matrimonio formado polos palentinos Ana María Ortega Palacios e Álvaro Gutiérrez Baños.

Esta mostra permitirá ás persoas que a visiten coñecer a historia, a técnica e a temática destas curiosas publicacións que desafían o formato convencional e introducen entre as súas páxinas elementos mecánicos que converten as ilustracións en xogos interactivos que convidan a accionar algún mecanismo ou a observalos desde distintos ángulos.

Estes libros con elementos móbiles e despregables estiveron durante séculos dedicados a disciplinas coma a medicina ou a astronomía ata que, na segunda metade do século XVIII, atoparon a súa vocación lúdica ao apareceren as primeiras publicacións con imaxes despregables concibidas unicamente como entretemento.

Exposición - Pop-up
Exposición - Pop-up