A Exposición. Mestrado en Arte Contemporánea

Creación e Investigación
Datas: 27/06/2019 - 18/07/2019
Localización: Sexto Edificio

Co título de “A Exposición”, o alumnado do Mestrado en Arte Contemporánea da Facultade de Belas Artes de Pontevedra amosan no Sexto Edificio do 27 de xuño ao 28 de xullo o seu traballo final. A inauguración terá lugar o xoves 27 de xuño ás 20 h.

Detrás das obras dos dez artistas  que se exhiben nesta mostra, na que colabora o Museo de Pontevedra desde hai anos, agóchanse moitas horas de clase, consellos e orientacións das titoras e titores, encontros con artistas e persoas do eido da investigación, traballos de taller…

Chelo Matesanz e Juan Carlos Román, docentes deste mestrado en Arte Contemporánea, coordinan esta exposición.

Exposición - A Exposición. Mestrado en Arte Contemporánea