Xosé María Díaz Castro nos fondos bibliográficos do Museo

16/05/2014
Museo de Pontevedra

Neste ano 2014 homenaxéase ó poeta Xosé María Díaz Castro nado en Os Vilares, Guitiriz (Lugo), o 19 de febreiro de 1914.

A relixión, o amor á súa terra, a muller na súa versión de meiga, Virxe ou Penélope, son os temas que vai tratar na súa obra poética, na que compuxo versos incluso noutras linguas. Seguindo o consello doutros intelectuais, os seus poemas aparecerán recollidos en diversas revistas.

“Nascida d´un soño” , poema ganador dos “Juegos Florales de Betanzos” de 1946 , foi unha das primeiras composicións editadas en galego despois da Guerra Civil.

En Nimbos, a súa obra sobranceira, recóllese o poema “ Penélope”, no que ó dominio do verso únese unha reflexión profunda sobre Galicia e o seu feito histórico.

Ver artigo completo

Ana Barbazán Iglesias