Coneces - Unha carta triste - Museo de Pontevedra

Unha carta triste
Carta do capitán Jacinto Dabán, un dos “Mártires de Carral”, unha hora antes da súa execución
Entre os fondos documentais que se gardan no Museo de Pontevedra áchase a carta que o día 26 de abril de 1846 o capitán Jacinto Dabán escribiu ás súas irmás, só unha hora antes de ser fusilado en Carral (A Coruña). Contaba con vinte e tres anos.
El, xunto con outros oficiais que tamén foron fusilados, participou no levantamento liberal progresista encabezado militarmente polo coronel Miguel Solís que se proclamou en Lugo o 2 de abril contra o goberno Narváez co que se producira un recorte de dereitos e liberdades e unha centralización administrativa.
As tropas sublevadas foron derrotadas finalmente en Cacheiras, nas proximidades de Santiago de Compostela, o día 23 de abril polas do xeneral De la Concha, moi superiores.
Na triste misiva, na que o militar se despide, alúdese ó reparto dalgúns cartos e obxectos persoais e sinálase a posibilidade que tivo de fuxir, pero non o quixo facer.
Ver toda a información e a transcrición
José Manuel Castaño García