Un exemplar singular de En las orillas del Sar no Museo de Pontevedra

14/07/2015
Museo de Pontevedra

O 15 de xullo de 1885 falecía en Padrón (A Coruña) Rosalía de Castro, a poeta galega máis importante. A súa obra poética, escrita en galego e en castelán, está recollida en tres libros: Cantares Galegos, Follas Novas e En las orillas del Sar. Este último, concibido totalmente en castelán, foi publicado en Madrid polo Establecemento tipográfico de Ricardo Fé en 1884, un ano antes do seu óbito.

A biblioteca do Museo de Pontevedra, tan rica en fondos bibliográficos de autores galegos, conserva primeiras edicións da maioría das obras de Rosalía, mesmo algunhas de gran rareza, como o Álbum del Miño aparecido en 1858, que inclúe composicións da autora. Pero é un exemplar singular, unha primeira edición de En las Orillas del Sar con firma e anotacións autógrafas de Rosalía, o que queremos salientar para conmemorar o 130 aniversario da súa morte.

O libro chegou á biblioteca da man de Francisco Javier Sánchez Cantón, un intelectual pontevedrés que sempre estivo vinculado ó Museo de Pontevedra, non só polo feito de que participou na súa fundación, senón porque toda a súa vida mantivo unha estreita colaboración con el. Á súa morte, acaecida en 1971, a súa biblioteca e arquivo persoal pasaron a formar parte dos fondos do Museo, cumprindo con iso os seus desexos, expresados no seu testamento.

Ver artigo completo en PDF

Ana Barbazán Iglesias