Recuerdos de agosto de Aurelio Aguirre Galarraga

02/05/2013
Museo de Pontevedra

Con motivo do 180 aniversario do nacemento do escritor Aurelio Aguirre Galarraga (1833-1858) e partindo do manuscrito “Recuerdos de agosto” que custodia o Museo, abórdase a edición e estudo de parte desta obra nunha colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Editorial Alvarellos.

A prematura e tráxica morte do poeta romántico compostelán (parece que se suicidou afogándose en A Coruña), amigo de Manuel Murguía e sobre todo de Rosalía de Castro, truncou unha carreira literaria que empezaba a dar os seus froitos impresos.

Neste enlace contamos as circunstancias que rodearon a adquisición por parte do Museo do citado libro de poemas e da colección documental que o acompañaba, na que se encontra ademais unha serie de follas voandeiras relacionadas co mesmo autor.

Mª Jesús Fortes Alén