O transatlántico Santa María

21/03/2012
Museo de Pontevedra

No Museo de Pontevedra consérvase un modelo ou maqueta do transatlántico portugués Santa María que se fixo célebre en xaneiro de 1961 polo secuestro que padeceu por parte de exiliados portugueses e españois (sobre todo galegos) membros do Directorio Revolucionario Ibérico para protestar contra as ditaduras de Salazar en Portugal e Franco en España.

Deste barco, que asiduamente visitaba o porto de Vigo, gárdanse no Arquivo Gráfico do Museo algunhas imaxes do seu interior, unha magnífica imaxe aérea e as fotos de Rafa Vázquez na que se ve atracado en Vigo. Alí, no mesmo lugar no que hoxe desembarcan e embarcan milleiros de turistas ávidos por gozar dos seus días de lecer, viaxando no tempo e no espazo, derramaríanse noutrora moitas bagoas de pena polas despedidas ou de ledicia por ansiados reencontros.

Pensando, sobre todo, naqueles lectores que non viviron os tempos nos que barcos coma este amarraban a cotío no peirao vigués de transatlánticos, cheos de viaxeiros e emigrantes, aí van estas fotos e algúns datos que lles permitan establecer certas comparacións en canto a dimensións, número de pasaxeiros e tripulantes, con outros barcos do momento e cos equivalentes actuais. Non deben esquecer, en ningún momento, que a diferenza destes últimos, dedicados a viaxes de lecer, aqueles transatlánticos eran o único ou case único medio de transporte que unía Europa con América. A bordo deles transcorrerían os días, tanto para os emigrantes que venderan as súas propiedades para pagar a pasaxe, como para os homes de negocios, os políticos, os persoeiros dos eidos das ciencias ou das artes... Ben entendido que cada un deles viaxaba na clase acorde coa súa posición social e económica.

José Manuel Castaño García

Modelo do <i>Santa María</i> </br>O transatlántico portugués Santa María estivo en servizo dende 1953 a 1973. Recalaba en Vigo dentro da Ruta de La Guaira (Venezuela) a Lisboa. Medía 200 m de eslora.
Modelo do Santa María
O transatlántico portugués Santa María estivo en servizo dende 1953 a 1973. Recalaba en Vigo dentro da Ruta de La Guaira (Venezuela) a Lisboa. Medía 200 m de eslora.
Os transatlánticos eran barcos deseñados para enfrontarse ás duras condicións do Atlántico.
Os transatlánticos eran barcos deseñados para enfrontarse ás duras condicións do Atlántico.
No seu momento o <i>Santa María</i> e o seu irmán o <i>Vera Cruz</i> eran uns barcos moi modernos cos que Portugal quería recuperar a presenza nos mares que séculos atrás tivera.
No seu momento o Santa María e o seu irmán o Vera Cruz eran uns barcos moi modernos cos que Portugal quería recuperar a presenza nos mares que séculos atrás tivera.
O Santa María atracado na Estación Marítima de Vigo. O <i>Santa María</i> era de dimensións máis reducidas que os máis grandes transatlánticos do seu tempo: <i>Queen Mary</i> (310 m de eslora), <i>Queen Elizabeth</i> (293 m), <i>France</i> (315 m), ou os grandes cruceiros actuais que chegan ata os 361 m de eslora (Oasis of the Seas). Estes últimos teñen formas moi diferentes, sendo moi anchos e con estruturas moi altas. O cruceiro italiano <i>Costa Concordia</i>, encallado na illa de Giglio, é de 294 m.
O Santa María atracado na Estación Marítima de Vigo. O Santa María era de dimensións máis reducidas que os máis grandes transatlánticos do seu tempo: Queen Mary (310 m de eslora), Queen Elizabeth (293 m), France (315 m), ou os grandes cruceiros actuais que chegan ata os 361 m de eslora (Oasis of the Seas). Estes últimos teñen formas moi diferentes, sendo moi anchos e con estruturas moi altas. O cruceiro italiano Costa Concordia, encallado na illa de Giglio, é de 294 m.
Aínda que concibidos para o transporte, os transatlánticos contaban con estancias cheas de luxo e confort destinadas aos pasaxeiros das clases elevadas. Pista de baile, ximnasio, piscina, capela, cine, sala de lectura, salón de fumadores, perruquerías… eran algunhas das súas estancias.
Aínda que concibidos para o transporte, os transatlánticos contaban con estancias cheas de luxo e confort destinadas aos pasaxeiros das clases elevadas. Pista de baile, ximnasio, piscina, capela, cine, sala de lectura, salón de fumadores, perruquerías… eran algunhas das súas estancias.
Camarote de luxo. </br>A bordo do Santa María podían viaxar 1.230 pasaxeiros atendidos por 350 tripulantes. 140 deles facíano en primeira clase, 250 en segunda e 840 en terceira. Estes últimos ocupaban lugares situados na parte de abaixo do barco e non podían saír das zonas que estaban destinadas para eles.
Camarote de luxo.
A bordo do Santa María podían viaxar 1.230 pasaxeiros atendidos por 350 tripulantes. 140 deles facíano en primeira clase, 250 en segunda e 840 en terceira. Estes últimos ocupaban lugares situados na parte de abaixo do barco e non podían saír das zonas que estaban destinadas para eles.
Gardería
Gardería
Bar para os pasaxeiros de segunda clase
Bar para os pasaxeiros de segunda clase
Unha parte considerable da emigración galega a América viaxou neste barco que facía a ruta de La Guaira (Venezuela) a Lisboa, pasando por Curaçao (Antillas Neerlandesas), Miami, Tenerife, Funchal (Madeira) e Vigo. </br>Nesta foto do fotógrafo pontevedrés Rafa Vázquez aparecen retratados diante do célebre transatlántico a súa muller e o seu fillo que o foran a ver a Vigo en 1962.
Unha parte considerable da emigración galega a América viaxou neste barco que facía a ruta de La Guaira (Venezuela) a Lisboa, pasando por Curaçao (Antillas Neerlandesas), Miami, Tenerife, Funchal (Madeira) e Vigo.
Nesta foto do fotógrafo pontevedrés Rafa Vázquez aparecen retratados diante do célebre transatlántico a súa muller e o seu fillo que o foran a ver a Vigo en 1962.
Foto Rafa Vázquez. </br>A partir de 1960, cos primeiros avións de liña a reacción, os transatlánticos van a perder clientes, pero será sobre todo dende finais da década cando os avións comecen a ser o medio de transporte preferido. Algúns transatlánticos serían remodelados para dedicarse aos cruceiros turísticos.
Foto Rafa Vázquez.
A partir de 1960, cos primeiros avións de liña a reacción, os transatlánticos van a perder clientes, pero será sobre todo dende finais da década cando os avións comecen a ser o medio de transporte preferido. Algúns transatlánticos serían remodelados para dedicarse aos cruceiros turísticos.