A porta pechada 2: Retrato de dama de rosa: Dña. Joaquina de Osma y Zavala

20/07/2020

Durante a época de restricións debidas á pandemia da Covid-19, o Museo de Pontevedra elaborou unha serie de vídeos nos que o persoal desta institución explica obras ou coleccións expostas no Edificio Castelao e no Edificio Sarmiento.

Na segunda visita, Beatriz Bujía Couso, do departamento de Educación, comenta o Retrato de dama de rosa: D.ª Joaquina de Osma y Zavala, de Joaquín Vaamonde Cornide (1872-1900).

Beatriz Bujía Couso