A porta pechada 15: Sen título, de Elena Colmeiro

19/10/2020

Durante a época de restricións debidas á pandemia da Covid-19, o Museo de Pontevedra elaborou unha serie de vídeos nos que o persoal desta institución explica obras ou coleccións expostas no Edificio Castelao e no Edificio Sarmiento.

Nesta visita, a conservadora Beatriz de San Ildefonso Rodríguez comenta Sen título, da escultora e ceramista Elena Colmeiro, que morrería só uns meses despois da publicación deste vídeo.

Beatriz de San Ildefonso Rodríguez